Residencia

Desafío Muncyt

muncyt maio 2019-01.jpg

O martes 14 de maio os residentes do IES Calvo Sotelo visitarán o Muncyt Coruña.

Dende as 15:15 h, os residentes participarán na actividade "Desafío Muncyt" na que percorrerán o museo enfrontándose a unha serie de retos e actividades, ca axuda dos divulgadores, e irán descubrindo por si mesmos cousas abraiantes que agochan as exposicións do Museo de Ciencia e Tecnoloxía da Coruña.