Certame de teatro

Aberto o prazo de inscrición no XXII Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña

cartel a3 teatro.jpg

Aberta a inscrición no XXII Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña, o prazo de inscrición rematará o 6 de marzo de 2019.

Xa está aberta a inscrición no XXII Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña, o prazo de inscrición rematará o mércores 6 de marzo de 2019 (inclusive), e unha vez rematado o prazo procederase á elaboración do calendario. O período de representacións das obras teatrais programarase nos meses de abril, maio e ata o 19 de xuño, nos días habilitados no formulario de inscrición.

Toda a información relativa ó certame está a disposición dos/as interesados/as na sección de bases e inscrición.

Outras novas