Matrícula > Altas matrículas > Validacións

 

Validacións de módulos

Coa validación dáse por superada ao alumnado solicitante unha parte ou partes de estudos oficiais que están a realizar tendo en conta a formación achegada e superada con anterioridade. 

Cal é o prazo para presentar a solicitude de validación?

As solicitudes de validación de estudos cursados, ou por acreditación de unidades de competencia, con módulos profesionais dos ciclos formativos, requiren a matriculación previa do alumnado para continuar estudos nun centro docente autorizado para impartir estas ensinanzas, e presentaranse perante a dirección do centro educativo dentro dos primeiros vinte días contados desde o comezo das clases.

Tramitación para solicitar a validación de módulos profesionais?

Presentación en Secretaría da seguinte documentación:

​1) A solicitude de validación de módulos profesionais formalizarase no modelo de instancia establecido:

 
  • Se a resolución da validación corresponde á dirección do centro educativo, o alumnado deberá presentar o anexo XIV da Orde 12 de xullo de 2011 debidamente cuberto.
  • Se a resolución de validación corresponde ao Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, o alumnado deberá presentar o anexo IV da Orde ECD/2159, de 7 de novembro, debidamente cuberto, no prazo que abrangue dende a data da matriculación e o 15 de outubro.

      ►GUÍA PARA SOLICITAR VALIDACIÓNS ENTRE MÓDULOS PROFESIONAIS DE TÍTULOS LOXSE E LOE  

​2) Fotocopia compulsada DNI da alumna ou alumno 

3) Certificación académica oficial dos estudos cursados ou, se for o caso, do certificado de profesionalidade elaborado a partir do Catálogo nacional de cualificacións profesionais ou da acreditación parcial de unidades de competencia.

 
OBRIGAS DO ALUMNADO:

 

O alumnado que estea pendente de validación nalgún módulo profesional deberá asistir ás clases ata a presentación da resolución favorable desta.

 

OLLO! Non terán validez as resolucións de validación para o alumnado procedente de renuncia ou que causase baixa no curso académico de presentación da solicitude de validación.

 

Cualificación dos módulos validados

Os módulos profesionais validados cualificaranse cun 5, a efectos da obtención da nota media, segundo o artigo 3.5 da Orde ECD/2159/2014, do 7 de novembro (BOE do 20 de novembro).

 

Que normativa regula as validacións?

No texto consolidado da Orde ECD/2159/2014, que  inclúe as modificacións establecidas na Orde ECD/1055/2017, é a que establece as validacións entre módulos profesionais de formación profesional do Sistema Educativo Español e medidas para a súa aplicación.

Que módulos profesionais se poden validar?

O alumnado matriculado en ciclos LOE poderá validar:

  • Os módulos profesionais que correspondan a partir de módulos superados de títulos da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (LOXSE).
  • Os módulos profesionais que posúan similares resultados de aprendizaxe, criterios de avaliación e contidos básicos, con independencia do ciclo no que se inclúa, a partir de módulos superados de títulos da Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio.
  • O módulo profesional de Formación e orientación laboral, ou o módulo de Empresa e iniciativa emprendedora, de ter aprobado o mesmo módulo en calquera dos ciclos formativos correspondentes aos títulos establecidos ao abeiro da Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio.
  • O módulo de Formación e orientación laboral, sempre que se dea algunha das seguintes circunstancias:
    • Se acredite ter superado o módulo profesional de Formación e orientación laboral establecido ao abeiro da Lei 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, e se acredite a formación establecida para o desempeño das funcións de nivel básico da actividade preventiva.
    • Se achegue o título de técnico superior en Prevención de Riscos Profesionais aprobado segundo a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.
  • Se obtivese a acreditación de todas as unidades de competencia incluídas no título, mediante o procedemento establecido no Real decreto 1224/2009, do 17 de xullo, de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas por experiencia laboral, se acredite, polo menos, un ano de experiencia laboral e se estea en posesión da acreditación da formación establecida para o desempeño das funcións de nivel básico da actividade preventiva. 
  • Os módulos profesionais que se establecen na norma pola que se regula cada título, por ter acreditada algunha unidade de competencia que forme parte do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais obtida exclusivamente mediante o procedemento de avaliación e acreditación das competencias profesionais establecido no Real decreto 1224/2009 ou mediante certificados de profesionalidades elaborados a partir do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.

O alumnado matriculado en ciclos LOXSE poderá validar os módulos profesionais que correspondan, logo da aplicación do disposto:

A) Nos anexos I e II da Orde do 20 de decembro de 2001 (BOE do 9 de xaneiro de 2002), pola que se determinan validacións de estudos de formación profesional específica derivada da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, da ordenación xeral do sistema educativo, e na Orde ECD/1842/2002.

B) No anexo I da Orde ECD/1055/2017.

PARA MÁIS INFORMACIÓN PINCHA AQUÍ►