Trámites e prazos

    

TRAMITACIÓN PARA A MATRÍCULA DE 1º CURSO

As persoas ás que se lles adxudicou unha praza nun dos ciclos formativos do  IES Calvo Sotelo e aquelas que desexen e cumpran os requisitos para matricularse nunha praza liberada deberán presentar nesta Secretaría, atendendo ao regulado pola Consellería de Educación e aos prazos establecidos pola mesma, a seguinte documentación:

  • Impreso de Matrícula de Ciclo de Grao Medio e Superior, segundo o modelo aprobado pola Consellería de Educación, correctamente cuberto e asinado (no caso do alumnado de menor de idade deberá estar asinado tamén pola súa titora/titor, nai/pai ou representante legal ).

 

MODELOS DE IMPRESO DE MATRÍCULAS:

  • Para realizar presencialmente a matrícula ou a renuncia nunha praza adxudicada do réxime ordinario pódese empregar o seguinte modelo: Modelo de documento en formato PDF
  • Para solicitar matrícula en prazas liberadas empregarase o ANEXO I
  •  Impreso de Matrícula de FP Básica, segundo o modelo aprobado pola Consellería de Educación, correctamente cuberto e asinado (no caso de que o alumnado sexa menor deberá estar asinado tamén pola súa titora/titor, nai/pai ou representante legal )
  • Impreso de Autorización de uso de imaxes do alumnado, cesión de datos de carácter persoal, autorización para saídas do centro e para a utilización do Servizo de Información.
  • 3 fotografías tamaño carné co seu nome e apelidos polo reverso das mesmas
  • Fotocopia da Tarxeta Sanitaria
  • Fotocopia DNI
  • Certificación académica do último curso realizado (para o alumnado que solicitase praza noutro centro e a obtese neste)

 

TRAMITACIÓN PARA A MATRÍCULA DE 2º CURSO

O alumnado do IES Calvo Sotelo que aprobe  1º e o  alumnado repetidor de   2º curso  por primeira vez no mesmo centro, se quere matricularse de 2º curso deberán presentar nesta Secretaría, atendendo ao regulado pola Consellería de Educación e aos prazos establecidos pola mesma, a seguinte documentación:

 

O alumnado que proceda doutro centro de ensino deberá entregar ademais:

  • Fotocopia da Tarxeta Sanitaria
  • Fotocopia DNI
  • 2 fotografías tamaño carné co seu nome e apelidos polo reverso das mesmas
  • Certificación académica na que conste o expedente académico do centro de ensino onde realizou o útlimo curso.
  •  Certificación académica na que conste o expedente académico e nota media coa que accedeu ao ciclo